martes, 17 de decembro de 2019





O  próximo 17 de decembro terá lugar no CIFP Politécnico de Santiago a xornada "Igualdade de xénero na Formación Profesional", dirixida a equipos directivos e xefes e xefas dos departamentos de Orientación dos centros de Formación Profesional. Nesta xornada presentarase a publicación "Prácticas para a igualdade de xénero na FP", que recolle exemplos de actividades no ámbito da igualdade de xénero propostas polos diferentes centros que integran a Rede de Centros Integrados de Formación Profesional, para que poidan ser levadas a cabo en calquera centro de FP. Ademais, presentarase o Plan de Igualdade do CIFP Compostela como modelo a seguir na elaboración dun plan de igualdade nun centro con ensinanzas de formación profesional.

Estas actuacións enmárcanse no acordo de colaboración entre Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, asinado con data do 22 de febreiro de 2019, que establece entre a súas medidas a mellora de plans de igualdade nos CIFP. Neste senso cada un dos 20 centros que constitúen a Rede Galega de Centros Integrados de Formación Profesional contan xa, desde o primeiro trimestre do curso 2019/2020, cun Plan de Igualdade deseñado baixo unha estrutura común á toda a rede.

luns, 16 de decembro de 2019




16/12/2019 
 
 



Xov, 12/12/2019 
Publicada a Orde do 29 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B).


Importante
  • A solicitude de participación no procedemento deberá presentarase obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gale requirirá cubrir previamente os datos na aplicación informática que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado. Esta aplicación está activa a partir do 13 de xaneiro de 2020.
  • Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
  • O prazo de presentación de solicitudes será desde o 13 de xaneiro ata o 7 de febreiro de 2020.
  • Só serán aceptadas as solicitudes que sexan entregadas por sede electrónica.
Máis información sobre o proceso de acreditación de competencias profesionais

mércores, 11 de decembro de 2019





Convocatoria do Concurso de Curtas Senda dos Faros

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocan o Concurso de Curtas Senda dos Faros. Este certame é unha das iniciativas programadas para pór en valor a Senda dos Faros, no marco do convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, Agader, o Instituto de Estudos do Territorio (IET) e Fundación Galicia Sustentable e en colaboración con Energias de Portugal Renováveis (EDPR).
Está destinado ao alumnado dos centros docentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que impartan ensinanzas de educación secundaria (ESO, bacharelato, formación profesional básica e ciclos formativos de grao medio) e especiais de grao medio, sostidas con fondos públicos.

Poderá participar con vídeos dunha duración máxima de 5 min.
Establécense premios para as tres mellores curtas (que inclúen a asistencia á proxección no festival de Cans), así como galardóns á mellor actriz, ao mellor actor e especial do público.

A/O docente responsable dos vídeos que acaden o 1.º, 2.º e 3.º galardóns recibirá unha certificación de Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado.
 
O prazo para solicitar a participación rematará o 30 de xaneiro de 2020 e a data límite de envío dos vídeos será o 30 de marzo de 2020.

Novas de Edu Xunta