luns, 19 de abril de 2021

 


         A Xunta convoca 80 prazas de estadías formativas en empresa dirixidas a profesorado de FP

 

A Xunta de Galicia convoca as estadías formativas en empresas ou institucións para o presente ano 2021 destinadas aos docentes non universitarios, coa finalidade de mellorar a formación e a actualización de coñecementos por parte do profesorado a través do contacto directo cos procesos produtivos e cos avances tecnolóxicos.

Ao abeiro desta iniciativa que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade financia con preto de 150.000€, ofértanse un total de 80 prazas dirixidas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional do sistema educativo, así como ás das artes plásticas e o deseño. Todos eles poderán facer as súas prácticas en empresas e institucións de Galicia como do resto de España, xa que este ano, debido ás restricións de mobilidade por mor da pandemia, non se inclúen estadías noutros países da Unión Europea.

Toda a información: A Xunta convoca 80 prazas de estadías formativas en empresa dirixidas a profesorado de FP

 

 Concurso eduemprende Idea 2021

 

Publicada a Orde do 7 de abril de 2021 (DOG do 16 de abril de 2021) pola que se convoca o concurso eduemprende Idea 2021, dirixido ao alumnado de ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos

Comprende dúas modalidades:

  • Modalidade A: ciclos de grao superior
  • Modalidade B: ciclos de grao medio

A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG).

- Máis información

 

Fonte: https://www.edu.xunta.gal/fp/concurso-eduemprende-idea-2021