Amosando publicacións coa etiqueta avisos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta avisos. Amosar todas as publicacións

luns, 7 de setembro de 2020

 

 

📣📢Modelos actualizados de cartelería para centros educativos

 👇👇👇👇

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31790

 

 


Modelo de declaración responsable das familias para protocolo Covid-19

Xúntase o Modelo de declaración responsable das familias para o protocolo Covid-19 nos centros educativos

 

👇👇👇👇

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31788
 
 
 

 

 

Guía resumo das Instrucións polas que se incorporan a declaración de actuacións coordinadas en materia de saúde pública

 

Xúntase a Guía resumo das Instrucións polas que se incorporan a declaración de actuacións coordinadas en materia de saúde pública aprobadas polo Consejo Interterritorial do Sistema Nacional de Salud Pública (D.O.G nº 174 bis do 28-08-2020) e a actualización das recomendacións sanitarias do Comité Clínico ao protocolo do 22 de xullo de adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021

 👇👇👇👇

 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31786 

 

 

venres, 26 de xuño de 2020



📌📌XI Concurso de Viñetas “Novas Masculinidades”
23 Xun 2020

O obxecto do certame é empregar a viñeta, ou tira de viñetas (como máximo 6 viñetas) para reflexionar, concienciar, visibilizar e mudar mentalidades da cidadanía en xeral e da poboación adolescente en particular, sobre as novas masculinidades así como as claves para avanzar ata unha masculinidade alternativa mais igualitaria.

Participantes:
Poderán participar calquer mozo ou moza, con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou en grupo.
Cada participante/s só poderá presentar unha única obra orixinal e inédita, escrita en galego e non premiada con anterioridade.
Non poderán participar as persoas que fosen premiadas con anterioridade neste concurso.
 
 
Toda a información en:
 
👇👇
 
 
 Saúdos!! 🙋

xoves, 18 de xuño de 2020



👌Pensando no próximo curso!!


Estamos á espera da publicación de toda a información para o proceso de admisión e matrícula para o próximo curso 2020-2021: oferta educativa, prazos, instrucións,...

Lembra que estamos en:

WEB: 

 

Facebook:



Dpto. Orientación IES Vilamarín
orientacioniesvilamarin@gmail.com
 
 
Saúdos!! 🙋


venres, 12 de xuño de 2020



🚗Reanúdase o prazo para solicitar as axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C 

 

Requisitos das persoas solicitantes:
- Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C.

- Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

- Estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

- Estar matriculadas nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/s permiso/s para o/s que se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de presentación da solicitude.

Obrigas das persoas beneficiarias:
- Obter o permiso de condución para o que se solicitou a axuda entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 15 de outubro de 2020 e acreditalo.

 prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de xullo de 2020

Toda a información... 👉👉 http://xuventude.xunta.es 

 

Un saúdo!! 🙋

 

 

 

mércores, 10 de xuño de 2020


 
09/06/2020 
 
📌📌Nota informativa sobre ampliación de oficinas para solicitar Chave 365

Segundo o establecido na base 3.1 da Orde do 24 de febreiro de 2020 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso a corpos docentes (código de procedemento ED001A), publicada no Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo de 2020, para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https.//sede.xunta.gal/chave365).

Coa finalidade de facilitar a obtención da Chave 365 para as persoas que desexen inscribirse no dito procedemento selectivo, dende o mércores 10 de xuño amplíanse os puntos onde pode obterse a dita chave.

Podes consultar toda a información aquí 👉👉 Nota informativa sobre ampliación de oficinas para solicitar Chave 365


Saúdos!! 🙋 



 



10/06/2020
 
📌📌Convocadas axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual


Toda a información en 👉👉 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31230


Xúntase a Orde do 2 de xuño de 2020 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (código de procedemento ED202A).

Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:

1. O primeiro prazo, trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2019-marzo 2020 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2020.

2. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2020, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2020.



Saúdos!!🙋


martes, 9 de xuño de 2020




📌📌Convocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2020/2021

 

Orde do 29 de maio de 2020 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2020/21 (código de procedemento ED306A) .
O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:
  • Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 10 de xullo de 2020 (este incluído).
  • Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publi-cación desta convocatoria e o 3 de agosto de 2020 (este incluído).

 

Fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31201

 

Saúdos!! 🙋




09/06/2020
📌📌Anulada a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos


Orde do 5 de maio de 2020 pola que se anula a Orde do 10 de febreiro de 2020 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.


luns, 8 de xuño de 2020




📣📣Fase 3 da desescalada


A partir de hoxe luns 8, Galicia entra en fase 3.

Consulta aquí as características desta nova etapa 👇👇
 







 





Saúdos!! 🙋


luns, 1 de xuño de 2020



📌📌Ábrese o prazo de matrícula para os procedementos selectivos convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020

Xúntase a Nota informativa: Ábrese o prazo de matrícula para os procedementos selectivos convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020.

A presentación de solicitudes para participar no procedemento selectivo convocado pola Orde do 24 de febreiro de 2020, iníciase o 1 de xuño de 2020 e remata o día 19 de xuño de 2020, ambos incluídos.

Anuncio principal: 
Concurso-oposición ao corpo de inspectores de educación, PES, PTs de FP, EOIs, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades para o ano 2020
Toda a información en 👉👉 www.edu.xunta.gal/portal/node/31136
Saúdos!! 🙋




 




📌📌Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2019-2020 

 

Lugar e prazo de presentación de solicitudes
Na convocatoria do curso 2019-2020, o período de solicitudes considerarase período de matrícula en prazas liberadas (segundo o establecido no artigo 3.2 da Resolución do 29 de maio de 2020) polo que as solicitudes de matrícula para participar nas probas libres de formación profesional de títulos LOE presentaranse na secretaría do centro público elixido en primeira opción.

Unicamente poderá presentar a solicitude de admisión quen cumpra os requisitos de acceso no período da matrícula.

O prazo de presentación de solicitudes de matrícula será do 1 ao 12 de xuño de 2020

Toda a información  👉👉  www.edu.xunta.gal/fp/probas-libres-convocatoria-actual 

 

Saúdos!! 🙋

 

venres, 29 de maio de 2020




📌📌Novas de Edu Xunta:
28/05/2020 
 
Instrucións do 28 de maio de 2020 pola que se amplían e concretan determinados aspectos das Instrucións do 27 de abril de 2020 para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20

👇👇


Saúdos!! 🙋 

luns, 25 de maio de 2020



Novas datas para a celebración das probas de acceso de grao medio e de grao superior. Convocatoria 2020

Publicada a Resolución do 24 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional do sistema educativo.

A resolución establece novas datas para a celebración das probas de acceso de grao medio e de grao superior.

Resolución do 24 de maio de 2020   
Nas seguintes ligazóns podes consultar toda a información e o calendario das probas:



📢📢

Orden SND/414/2020, de 16 de mayo, para la flexibilización de determinadas restricciones de ámbito nacional establecidas tras la declaración del estado de alarma en aplicación de la fase 2 del Plan para la transición hacia una nueva normalidad.

La presente orden tiene por objeto establecer las condiciones para la flexibilización de determinadas restricciones de ámbito nacional establecidas por el estado de alarma, en aplicación de la fase 2 del Plan para la transición hacia una nueva normalidad.

👇👇👇 👇

www.boe.es/

 




 

 


 

 

 

 

 

   

 

Saúdos!! 🙋 

 

 

 

xoves, 21 de maio de 2020



Mér, 20/05/2020 -

Ábrese o prazo de solicitudes para non participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP) para o curso 2020/2021

O prazo para que o persoal interino e substituto docente solicite non participar na convocatoria de adxudicación de destinos provisionais para o curso 2020-2021 é do 25 de maio ata o 12 de xuño de 2020, ambos incluídos, tal e como se establece no artigo 2 da Orde do 14 de maio de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm 97 do 20 de maio).

Toda a información aquí

 👇👇👇👇

www.edu.xunta.gal/portal/node/

 

Saúdos!! 🙋  

 

 




20/05/20 -- Educación aborda cos sindicatos o protocolo para a reanudación das clases presenciais, de xeito voluntario, para o alumnado de 2º de bacharelato e de formación profesional

O documento amplía e reforza as medidas incluídas nas recomendacións dos Ministerios de Educación e Sanidade, para garantir a seguridade de toda a comunidade educativa
O protocolo será sometido o venres ao Comité de Prevención de Riscos Laborais

Toda a información aquí

👇👇👇👇

www.edu.xunta.gal/portal/

Saúdos!! 🙋

 

martes, 19 de maio de 2020



💻Sede electrónica da Xunta Galicia 


Cando solicitamos axudas, inscricións ou calquera outro procedemento, podes atopar a seguinte indicación:  (código de procedemento .........) e remiten á sede electrónica. Tamén podes ler: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado...


Que significa este código? Que é a sede electrónica da Xunta de Galicia?

A sede electrónica da Xunta de Galicia  é o enderezo electrónico desde o cal podes acceder, en condicións seguras, á información e servizos electrónicos que o goberno galego pon á súa disposición.

Cada actividade a realizar presenta un código de procedemento, que debes localizar e seguir as instrucións. Hai procedementos cun prazo determinado, outros que están abertos todo o ano...

Lembra consultar a publicación do DOG que acompaña aos avisos dos procedimentos, especialmente as condicións e a forma de presentar a documentación.

Nesta ligazón tes toda a información e resposta ás posibles dúbidas á hora de realizar os procedementos online

👇👇👇👇


Saúdos!! 🙋