martes, 19 de maio de 2020



💻Sede electrónica da Xunta Galicia 


Cando solicitamos axudas, inscricións ou calquera outro procedemento, podes atopar a seguinte indicación:  (código de procedemento .........) e remiten á sede electrónica. Tamén podes ler: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado...


Que significa este código? Que é a sede electrónica da Xunta de Galicia?

A sede electrónica da Xunta de Galicia  é o enderezo electrónico desde o cal podes acceder, en condicións seguras, á información e servizos electrónicos que o goberno galego pon á súa disposición.

Cada actividade a realizar presenta un código de procedemento, que debes localizar e seguir as instrucións. Hai procedementos cun prazo determinado, outros que están abertos todo o ano...

Lembra consultar a publicación do DOG que acompaña aos avisos dos procedimentos, especialmente as condicións e a forma de presentar a documentación.

Nesta ligazón tes toda a información e resposta ás posibles dúbidas á hora de realizar os procedementos online

👇👇👇👇


Saúdos!! 🙋