Amosando publicacións coa etiqueta concurso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta concurso. Amosar todas as publicacións

luns, 19 de abril de 2021

 

 Concurso eduemprende Idea 2021

 

Publicada a Orde do 7 de abril de 2021 (DOG do 16 de abril de 2021) pola que se convoca o concurso eduemprende Idea 2021, dirixido ao alumnado de ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos

Comprende dúas modalidades:

  • Modalidade A: ciclos de grao superior
  • Modalidade B: ciclos de grao medio

A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG).

- Máis información

 

Fonte: https://www.edu.xunta.gal/fp/concurso-eduemprende-idea-2021

 

luns, 18 de xaneiro de 2021

 

 

 

Convocatoria do IV Concurso de Cartaces do 8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller

A Xunta de Galicia convoca un concurso para o deseño do cartaz do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.
Poderá participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universitario que imparta ensinanzas de infantil, primaria, secundaria e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia en tres categorías:

  • 1ª Categoría.- Alumnado de infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria.

  • 2ª Categoría.- Alumnado 5º e 6º de educación primaria e 1º, 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO).

  • 3ª Categoría.- Alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e 1º e 2º de bacharelato, de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.

Prazo de presentación: ata o 23 de febreiro de 2021

Co fin de axilizar o envío dos traballos, os centros deberán adiantar por correo electrónico a proposta do mesmo á Secretaría Xeral da Igualdade (cartaz en formato PDF ou JPG e a información identificativa do anexo I (dispoñible no enlace que se achega):

As bases do concurso envíanse en documento adxunto e, do mesmo xeito, pódense consultar na seguinte ligazón:

http://igualdade.xunta.gal/gl/actualidade/xunta-abre-o-prazo-para-que-os-centros-escolares-galegos-participen-no-concurso-para-o

 

venres, 26 de xuño de 2020



📌📌XI Concurso de Viñetas “Novas Masculinidades”
23 Xun 2020

O obxecto do certame é empregar a viñeta, ou tira de viñetas (como máximo 6 viñetas) para reflexionar, concienciar, visibilizar e mudar mentalidades da cidadanía en xeral e da poboación adolescente en particular, sobre as novas masculinidades así como as claves para avanzar ata unha masculinidade alternativa mais igualitaria.

Participantes:
Poderán participar calquer mozo ou moza, con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou en grupo.
Cada participante/s só poderá presentar unha única obra orixinal e inédita, escrita en galego e non premiada con anterioridade.
Non poderán participar as persoas que fosen premiadas con anterioridade neste concurso.
 
 
Toda a información en:
 
👇👇
 
 
 Saúdos!! 🙋

martes, 18 de febreiro de 2020


III CERTAME DE MICRORRELATOS ORGANIZADO POR PUNTOGAL E A REAL ACADEMIA GALEGA
Fonte: https://academia.gal/
 

A ASOCIACIÓN PUNTOGAL e A REAL ACADEMIA GALEGA organizan conxuntamente un concurso de microrrelatos que ten como obxectivo reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital.

Participación:

 a)Poderán concursar todas as persoas que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade.

 b)As persoas menores de idade deberán acompañar o microrrelato dunha autorización do pai, nai ou titor/a legal.

O prazo para a presentación de textos estará aberto desde as 00:01 horas do sábado1 de febreiro de 2020 ata as 23:59 horas do sábado 29 de febreiro de 2020 

Consulta as bases aquí



Toda a información en: A RAG e PuntoGal presentan o terceiro concurso de microrrelatos


 

luns, 17 de febreiro de 2020


Imaxe: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18352-lingua-de-namorar-2020

 

Lingua de nam💗rar 2020

Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos. 

O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e mais pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.
Para participar no concurso, só tes que premer no botón “Envía as túas mensaxes” e cubrir o formulario. Ademais da mensaxe ou mensaxes, cómpre indicar os datos persoais e de contacto.

O prazo para enviar as mensaxes remata o luns 9 de marzo.

Toda a información en:Lingua de namorar 2020





xoves, 13 de febreiro de 2020






Convocatoria do II Concurso de Podcasts-Radio na biblio
Imaxe: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30265

 
Tras os excelentes resultados da primeira convocatoria, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no contexto do Plan LIA de Bibliotecas escolares, fai pública a Resolución de 13 de febreiro de 2020 (coincidindo co Día Mundial da Radio), pola que se convoca o II Concurso de Podcasts-Radio na biblio, en colaboración coa Radio Galega (CRTVG). Poderán participar os centros públicos non universitarios, de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, integrados ou non no programa Radio na biblio. Esta proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao filólogo e escritor Ricardo Carvalho Calero, polo que as temáticas dos podcasts, nas catro modalidades previstas, deberán tratar sobre o patrimonio lingüístico galego ou estaren dedicados a estimular a lectura de dous dos xéneros presentes, entre outros, na obra deste autor: a poesía e/ou o teatro.
  • O prazo de presentación dos traballos e da documentación complementaria remata o 25 de abril de 2020.
     



Fonte: Convocatoria do II Concurso de Podcasts-Radio na biblio

mércores, 11 de decembro de 2019





Convocatoria do Concurso de Curtas Senda dos Faros

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocan o Concurso de Curtas Senda dos Faros. Este certame é unha das iniciativas programadas para pór en valor a Senda dos Faros, no marco do convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, Agader, o Instituto de Estudos do Territorio (IET) e Fundación Galicia Sustentable e en colaboración con Energias de Portugal Renováveis (EDPR).
Está destinado ao alumnado dos centros docentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que impartan ensinanzas de educación secundaria (ESO, bacharelato, formación profesional básica e ciclos formativos de grao medio) e especiais de grao medio, sostidas con fondos públicos.

Poderá participar con vídeos dunha duración máxima de 5 min.
Establécense premios para as tres mellores curtas (que inclúen a asistencia á proxección no festival de Cans), así como galardóns á mellor actriz, ao mellor actor e especial do público.

A/O docente responsable dos vídeos que acaden o 1.º, 2.º e 3.º galardóns recibirá unha certificación de Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado.
 
O prazo para solicitar a participación rematará o 30 de xaneiro de 2020 e a data límite de envío dos vídeos será o 30 de marzo de 2020.