
Convocatoria do II Concurso de Podcasts-Radio na biblio
Imaxe: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30265
Tras
os excelentes resultados da primeira convocatoria, a Dirección Xeral de
Centros e Recursos Humanos, no contexto do Plan LIA de Bibliotecas
escolares, fai pública a Resolución de 13 de febreiro de 2020
(coincidindo co Día Mundial da Radio), pola que se convoca o II Concurso
de Podcasts-Radio na biblio, en colaboración coa Radio Galega (CRTVG).
Poderán participar os centros públicos non universitarios, de
titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación
Profesional, integrados ou non no programa Radio na biblio. Esta
proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas,
dedicado este ano ao filólogo e escritor Ricardo Carvalho Calero, polo
que as temáticas dos podcasts, nas catro modalidades previstas, deberán
tratar sobre o patrimonio lingüístico galego ou estaren dedicados a
estimular a lectura de dous dos xéneros presentes, entre outros, na obra
deste autor: a poesía e/ou o teatro.
- O prazo de presentación dos traballos e da documentación complementaria remata o 25 de abril de 2020.
Fonte: Convocatoria do II Concurso de Podcasts-Radio na biblio