xoves, 7 de xullo de 2022

 

 

 

XUVENTUDE CREA

A Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, consciente da importancia que ten facilitar vías polas que poida manifestarse a actividade e inquedanza artística individual e colectiva da xuventude galega, convoca anualmente o programa Xuventude Crea, un certame de creadores novos que pretende estimular e apoiar á imaxinación, á creatividade e á innovación. Este certame comezou a súa andaina o 2010 coa denominación Xuventude Crea, polo que neste ano 2022 cumpre trece anos.

Xuventude Crea pretende actuar como estímulo económico para a mocidade, pero ante todo quere ser un trampolín para mostrar as propostas da mocidade galega, un escaparate no que o público poida coñecer a estes novos talentos e ás súas obras nun amplo abano de especialidades, e tamén ofrecerlles a oportunidade de dar a coñecer o que fan, actuar como a canle de divulgación das inquietudes artísticas individuais e colectivas da xuventude galega, e fomentar entre os mozos/as actividades de ocio e tempo libre saudable.

Vai dirixido aos mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano de cada convocatoria, agás o establecido na parte específica de cada especialidade.

 

Toda a informacion aquí http://xuventude.xunta.es/xuventude-crea

 

mércores, 29 de xuño de 2022

 

 Xuventude Mentoring

A Xunta de Galicia, en colaboración co Cixug e as tres universidades galegas vén de abrir o prazo para participar nun programa de formación e mentorizaxe destinado a favorecer a transición á vida laboral das persoas mozas tituladas na nosa comunidade autónoma, chamado Xuventude Mentoring

Toda a información aquí 👇👇👇👇

http://xuventude.xunta.es/xuventude-mentoring

 

martes, 29 de marzo de 2022


Primavera Xove 2022

Tras a primeira experiencia piloto de 2021, a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia pon en marcha este ano a segunda edición de Primavera Xove, un programa que busca xerar espazos para un ocio educativo seguro, divertido, formativo e favorecedor da transferencia de valores e coñecemento. 

Tres formatos diferentes, dous meses e un só público: os mozos e mozas galegos.

Este 2022, Primavera Xove levarase a cabo entre os meses de abril e maio. Está composto por tres formatos de accións diferentes que buscan dar resposta aos gustos e necesidades dos mozos e mozas, con independencia da súa idade. Por iso, haberá accións concretas tanto para os rapaces máis novos como para o estudantado universitario ou que xa rematara os seus estudos. A programación desta nova iniciativa de educación non formal e entretemento saudable estará composta por: 

» Programa de Semana Santa e de fin de semana (de venres a domingo) en albergues xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos. 

» Encontros formativos e de networking nos campus universitarios de Santiago, A Coruña, Ourense e Vigo.

» Feiras Primavera Xove nos 12 espazos xove dependentes da Xunta de Galicia. 


Toda a información en:

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/22957-primavera-xove-2022

 

xoves, 24 de marzo de 2022

 

Aviso importante solicitude Becas Ministerio de Educación

Solicitude de becas e axudas a alumnos de niveis postobrigatorios, para o curso 2022/2023.

  • Data de publicación da convocatoria de "Becas y ayudas a alumnos de niveles postobligatorios (Curso 2022/2023)", nol BOE (Boletín Oficial do Estado): 12 de marzo de 2022.
  • PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Desde o 30 de marzo de 2022 ata o 12 de maio de 2022.

Toda a información na seguinte páxina web: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050130/ficha/050130-2022.html

 

 

xoves, 2 de decembro de 2021


 

A Xunta estimula o voluntariado cultural nos centros educativos a través do programa ‘Bibliotecas Escolares Solidarias’

A Xunta de Galicia vén de convocar o programa Bibliotecas Escolares Solidarias, que ten como obxectivo estimular o voluntariado cultural en relación coas bibliotecas e a lectura entre o alumnado e as súas familias. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade impulsa esta iniciativa en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dependente da Consellería de Política Social. 

Toda a indormación aquí 👉👉  http://www.edu.xunta.gal/portal/node/35766

 

venres, 19 de novembro de 2021

 

 

¿COÑECES O IES VILAMARÍN?

O alumnado do Ciclo Superior de Xestión de Aloxamentos turísticos, nunha das súas prácticas habituais no módulo de Marketing Turístico, deseñaron diferentes campañas publicitarias para dar a coñecer o Hotel IES VILAMARIN. 

Apetécevos desfrutar dunha delas? Pois aquí a tedes!!!

Esperamos que vos guste!

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesdevilamarin/node/242

 


luns, 19 de abril de 2021

 


         A Xunta convoca 80 prazas de estadías formativas en empresa dirixidas a profesorado de FP

 

A Xunta de Galicia convoca as estadías formativas en empresas ou institucións para o presente ano 2021 destinadas aos docentes non universitarios, coa finalidade de mellorar a formación e a actualización de coñecementos por parte do profesorado a través do contacto directo cos procesos produtivos e cos avances tecnolóxicos.

Ao abeiro desta iniciativa que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade financia con preto de 150.000€, ofértanse un total de 80 prazas dirixidas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional do sistema educativo, así como ás das artes plásticas e o deseño. Todos eles poderán facer as súas prácticas en empresas e institucións de Galicia como do resto de España, xa que este ano, debido ás restricións de mobilidade por mor da pandemia, non se inclúen estadías noutros países da Unión Europea.

Toda a información: A Xunta convoca 80 prazas de estadías formativas en empresa dirixidas a profesorado de FP