martes, 29 de marzo de 2022


Primavera Xove 2022

Tras a primeira experiencia piloto de 2021, a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia pon en marcha este ano a segunda edición de Primavera Xove, un programa que busca xerar espazos para un ocio educativo seguro, divertido, formativo e favorecedor da transferencia de valores e coñecemento. 

Tres formatos diferentes, dous meses e un só público: os mozos e mozas galegos.

Este 2022, Primavera Xove levarase a cabo entre os meses de abril e maio. Está composto por tres formatos de accións diferentes que buscan dar resposta aos gustos e necesidades dos mozos e mozas, con independencia da súa idade. Por iso, haberá accións concretas tanto para os rapaces máis novos como para o estudantado universitario ou que xa rematara os seus estudos. A programación desta nova iniciativa de educación non formal e entretemento saudable estará composta por: 

» Programa de Semana Santa e de fin de semana (de venres a domingo) en albergues xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos. 

» Encontros formativos e de networking nos campus universitarios de Santiago, A Coruña, Ourense e Vigo.

» Feiras Primavera Xove nos 12 espazos xove dependentes da Xunta de Galicia. 


Toda a información en:

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/22957-primavera-xove-2022

 

Ningún comentario: