Amosando publicacións coa etiqueta edu xunta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta edu xunta. Amosar todas as publicacións

luns, 19 de abril de 2021

 


         A Xunta convoca 80 prazas de estadías formativas en empresa dirixidas a profesorado de FP

 

A Xunta de Galicia convoca as estadías formativas en empresas ou institucións para o presente ano 2021 destinadas aos docentes non universitarios, coa finalidade de mellorar a formación e a actualización de coñecementos por parte do profesorado a través do contacto directo cos procesos produtivos e cos avances tecnolóxicos.

Ao abeiro desta iniciativa que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade financia con preto de 150.000€, ofértanse un total de 80 prazas dirixidas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional do sistema educativo, así como ás das artes plásticas e o deseño. Todos eles poderán facer as súas prácticas en empresas e institucións de Galicia como do resto de España, xa que este ano, debido ás restricións de mobilidade por mor da pandemia, non se inclúen estadías noutros países da Unión Europea.

Toda a información: A Xunta convoca 80 prazas de estadías formativas en empresa dirixidas a profesorado de FP

 

 Concurso eduemprende Idea 2021

 

Publicada a Orde do 7 de abril de 2021 (DOG do 16 de abril de 2021) pola que se convoca o concurso eduemprende Idea 2021, dirixido ao alumnado de ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos

Comprende dúas modalidades:

  • Modalidade A: ciclos de grao superior
  • Modalidade B: ciclos de grao medio

A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG).

- Máis información

 

Fonte: https://www.edu.xunta.gal/fp/concurso-eduemprende-idea-2021

 

luns, 7 de setembro de 2020

 

 

📣📢Modelos actualizados de cartelería para centros educativos

 👇👇👇👇

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31790

 

 


Modelo de declaración responsable das familias para protocolo Covid-19

Xúntase o Modelo de declaración responsable das familias para o protocolo Covid-19 nos centros educativos

 

👇👇👇👇

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31788
 
 
 

 

 

Guía resumo das Instrucións polas que se incorporan a declaración de actuacións coordinadas en materia de saúde pública

 

Xúntase a Guía resumo das Instrucións polas que se incorporan a declaración de actuacións coordinadas en materia de saúde pública aprobadas polo Consejo Interterritorial do Sistema Nacional de Salud Pública (D.O.G nº 174 bis do 28-08-2020) e a actualización das recomendacións sanitarias do Comité Clínico ao protocolo do 22 de xullo de adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021

 👇👇👇👇

 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31786 

 

 

xoves, 18 de xuño de 2020



👌Pensando no próximo curso!!


Estamos á espera da publicación de toda a información para o proceso de admisión e matrícula para o próximo curso 2020-2021: oferta educativa, prazos, instrucións,...

Lembra que estamos en:

WEB: 

 

Facebook:



Dpto. Orientación IES Vilamarín
orientacioniesvilamarin@gmail.com
 
 
Saúdos!! 🙋


martes, 9 de xuño de 2020




📌📌Convocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2020/2021

 

Orde do 29 de maio de 2020 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2020/21 (código de procedemento ED306A) .
O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:
  • Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 10 de xullo de 2020 (este incluído).
  • Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publi-cación desta convocatoria e o 3 de agosto de 2020 (este incluído).

 

Fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31201

 

Saúdos!! 🙋




09/06/2020
📌📌Anulada a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos


Orde do 5 de maio de 2020 pola que se anula a Orde do 10 de febreiro de 2020 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.


venres, 29 de maio de 2020




📌📌Novas de Edu Xunta:
28/05/2020 
 
Instrucións do 28 de maio de 2020 pola que se amplían e concretan determinados aspectos das Instrucións do 27 de abril de 2020 para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20

👇👇


Saúdos!! 🙋 

xoves, 28 de maio de 2020



📌📌Espacio para familias e alumnado no portal de Edu Xunta

Podes atopar información sobre os seguintes temas:


Información Coronavirus          Escolarización          Axudas



Premios           Títulos            abalarMóbil



Directorio telefónico           Espazo familias          Espazo alumnado

👇👇👇👇



Saúdos!! 🙋






martes, 26 de maio de 2020




📌📌Normativa

ORDE do 15 de xaneiro de 2020 pola que se establece o procedemento para a expedición da certificación da formación de nivel básico en Prevención de Riscos Laborais para o alumnado dos ciclos formativos de formación profesional inicial da Comunidade Autónoma de Galicia.

👇👇👇👇

ORDE do 15 de xaneiro de 2020

Esta orde ten por obxecto establecer o procedemento para expedir a certificación da formación para desenvolver as funcións de nivel básico en Prevención de Riscos Laborais ao alumnado que curse un ciclo formativo de formación profesional en Galicia.


Contido da Orde:
Artigo 1. Obxecto
Artigo 2. Ámbito de aplicación
Artigo 3. Destinatarios 
Artigo 4. Requisitos para a certificación da formación en Prevención de Riscos Laborais
Artigo 5. Modalidades de certificación
Artigo 6. Modelos de certificación
Artigo 7. Procedemento para a emisión dos certificados
Artigo 8. Efectos profesionais
Disposición adicional primeira. Aplicación ao alumnado con titulacións obtidas con anterioridade
Disposición adicional segunda. Formación profesional dual
Disposición adicional terceira. Certificación de formación de nivel básico en Prevención de Riscos Laborais para a validación do módulo profesional de Formación e Orientación Laboral
Disposición derradeira. Habilitación 


Podes consultaer a normativa relacionada con FP Galicia na seguinte ligazón:

👇👇


Para calquera dúbida podes escribir ao noso correo:

📧orientacioniesvilamarin@gmail.com


Saúdos!! 🙋


    

luns, 25 de maio de 2020



Novas datas para a celebración das probas de acceso de grao medio e de grao superior. Convocatoria 2020

Publicada a Resolución do 24 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional do sistema educativo.

A resolución establece novas datas para a celebración das probas de acceso de grao medio e de grao superior.

Resolución do 24 de maio de 2020   
Nas seguintes ligazóns podes consultar toda a información e o calendario das probas:

xoves, 21 de maio de 2020



Mér, 20/05/2020 -

Ábrese o prazo de solicitudes para non participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP) para o curso 2020/2021

O prazo para que o persoal interino e substituto docente solicite non participar na convocatoria de adxudicación de destinos provisionais para o curso 2020-2021 é do 25 de maio ata o 12 de xuño de 2020, ambos incluídos, tal e como se establece no artigo 2 da Orde do 14 de maio de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm 97 do 20 de maio).

Toda a información aquí

 👇👇👇👇

www.edu.xunta.gal/portal/node/

 

Saúdos!! 🙋  

 

 




20/05/20 -- Educación aborda cos sindicatos o protocolo para a reanudación das clases presenciais, de xeito voluntario, para o alumnado de 2º de bacharelato e de formación profesional

O documento amplía e reforza as medidas incluídas nas recomendacións dos Ministerios de Educación e Sanidade, para garantir a seguridade de toda a comunidade educativa
O protocolo será sometido o venres ao Comité de Prevención de Riscos Laborais

Toda a información aquí

👇👇👇👇

www.edu.xunta.gal/portal/

Saúdos!! 🙋

 

luns, 18 de maio de 2020



Preguntas e respostas en relación co desenvolvemento do terceiro trimestre nas ensinanzas de FP

Lembramos o publicado no Portal da Xunta. Se tes dúbidas lembra que podes escribir ao noso correo.:
👇👇
📧orientacioniesvilamarin@gmail.com
Saúdos!! 🙋


En aplicación das medidas de contención no ámbito educativo e da formación previstas no Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma sanitaria ocasionada polo COVID-19, publicouse:
  • A Resolución do 23 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo durante o curso 2019-2020 para:
    • Flexibilizar a realización da FCT.
    • Establecer o procedemento de avaliación da FCT e Proxecto.
    • Organizar a da FP dual
  • As Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-2020 e se adiantan aspectos para ter en conta na organización académica do curso 2020-2021.
Con este documento, ponse á disposición da comunidade educativa un conxunto de preguntas e respostas coa finalidade a aclarar as dúbidas que puidesen xurdir. Trátase dun documento aberto, que incorporará novas cuestións, de xurdiren novas dúbidas que requiran ser aclaradas.

martes, 31 de marzo de 2020


💻📱

El Ministerio de Educación y Formación Profesional, Telefónica, Cisco e IBM facilitan la continuidad educativa de los estudiantes de Bachillerato y FP

30/03/2020

  • Se pondrán a disposición del alumnado de Bachillerato y Formación Profesional de Grado Medio y Superior con dificultades para continuar su formación de manera telemática 20.000 líneas móviles de Movistar, así como licencias de Webex para videoconferencias y soporte a los docentes
  • Cada línea telefónica dispone de 40 Gbs de datos mensuales para permitir la conexión de alumnos y docentes a través de dispositivos móviles
  • El MEFP las distribuirá entre las Comunidades Autónomas para que las hagan llegar a familias con menos recursos 


Toda a información en:

https://www.educacionyfp.gob.es






luns, 30 de marzo de 2020




📣📣Bos días:

Recompilamos información e ligazóns para que esteas á última...

📃Xa sabes que o Goberno aprobou o Decreto de prohibición de ir ao traballo a actividades non esenciais. Que significa esto na práctica? Podes consultar información no seguinte artigo: 

Hai que estar atentos porque a Ministra de Traballo acaba de comentar que mañá haberá novas medidas.



📚Respecto ao mundo educativo, podes consultar algunhas ligazóns de artigos sobre declaracións da Ministra de Educación:


Ante tanta incertidumbre, recomendamos estar atentos ás fontes oficiais e ás nosas plataformas de contacto. Lembra que estamos aquí para que esteas informado/a en todo momento.




xoves, 26 de marzo de 2020





👀 “No creas nada de lo que oigas y ni la mitad de lo que veas.”De la serie de televisión: Los Soprano
https://www.mundifrases.com/tema/rumores/ 

Coidado cos rumores 😕


Demasida información... por todos lados. Nestes tempos máis que nunca hai que ter espírito crítico, dubidar antes de afirmar... Está a escoitarse noticias confusas sobre o presente curso escolar... non indico todo o que oín para non confundir máis... 😉 

Ante tanto rumor...
Lembra: información sempre de fontes oficiais!!

https://www.edu.xunta.gal/portal/

https://www.educacionyfp.gob.es/portada.html 


E seguirnos en Facebook!! 😀
Ies Vilamarin
Mónica Orientación Ies Vilamarín