xoves, 7 de xullo de 2022

 

 

 

XUVENTUDE CREA

A Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, consciente da importancia que ten facilitar vías polas que poida manifestarse a actividade e inquedanza artística individual e colectiva da xuventude galega, convoca anualmente o programa Xuventude Crea, un certame de creadores novos que pretende estimular e apoiar á imaxinación, á creatividade e á innovación. Este certame comezou a súa andaina o 2010 coa denominación Xuventude Crea, polo que neste ano 2022 cumpre trece anos.

Xuventude Crea pretende actuar como estímulo económico para a mocidade, pero ante todo quere ser un trampolín para mostrar as propostas da mocidade galega, un escaparate no que o público poida coñecer a estes novos talentos e ás súas obras nun amplo abano de especialidades, e tamén ofrecerlles a oportunidade de dar a coñecer o que fan, actuar como a canle de divulgación das inquietudes artísticas individuais e colectivas da xuventude galega, e fomentar entre os mozos/as actividades de ocio e tempo libre saudable.

Vai dirixido aos mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano de cada convocatoria, agás o establecido na parte específica de cada especialidade.

 

Toda a informacion aquí http://xuventude.xunta.es/xuventude-crea