Preguntas e respostas en relación co desenvolvemento do terceiro trimestre nas ensinanzas de FP
Lembramos o publicado no Portal da Xunta. Se tes dúbidas lembra que podes escribir ao noso correo.:
👇👇
👇👇
📧orientacioniesvilamarin@gmail.com
Saúdos!! 🙋
En aplicación
das medidas de contención no ámbito educativo e da formación previstas
no Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado
de alarma sanitaria ocasionada polo COVID-19, publicouse:
- A Resolución do 23 de abril de 2020, da Dirección Xeral de
Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se
adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de
formación profesional do sistema educativo durante o curso 2019-2020
para:
- Flexibilizar a realización da FCT.
- Establecer o procedemento de avaliación da FCT e Proxecto.
- Organizar a da FP dual
- As Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-2020 e se adiantan aspectos para ter en conta na organización académica do curso 2020-2021.