Amosando publicacións coa etiqueta FPB. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FPB. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de xaneiro de 2021

 

 

 

Convocatoria do IV Concurso de Cartaces do 8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller

A Xunta de Galicia convoca un concurso para o deseño do cartaz do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.
Poderá participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universitario que imparta ensinanzas de infantil, primaria, secundaria e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia en tres categorías:

  • 1ª Categoría.- Alumnado de infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria.

  • 2ª Categoría.- Alumnado 5º e 6º de educación primaria e 1º, 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO).

  • 3ª Categoría.- Alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e 1º e 2º de bacharelato, de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.

Prazo de presentación: ata o 23 de febreiro de 2021

Co fin de axilizar o envío dos traballos, os centros deberán adiantar por correo electrónico a proposta do mesmo á Secretaría Xeral da Igualdade (cartaz en formato PDF ou JPG e a información identificativa do anexo I (dispoñible no enlace que se achega):

As bases do concurso envíanse en documento adxunto e, do mesmo xeito, pódense consultar na seguinte ligazón:

http://igualdade.xunta.gal/gl/actualidade/xunta-abre-o-prazo-para-que-os-centros-escolares-galegos-participen-no-concurso-para-o

 

venres, 4 de setembro de 2020

 

 📢📣Incorporación gradual do alumnado 

Curso 2020/21

 

Punto único. Incorporación gradual do alumnado  

1. O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantll 1º, 2º e 3º curso de educación primarial e educación especial. 

 

2. O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantil e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.  

 

3. O día 16 de setembro incorporarase o alumnado de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria 1º curso de bacharelato 1º de formación profesional de grao medio e 1º de formación profesional de grao superior. 

 

4. O día 17 de setembro incorporarase o alumnado de 3º de educación secundaria obrigatoria 2ºcurso de bacharelato 2º de formación profesional de grao medio e 2º de formación profesional de grao superior. 

 

5. O día 18 de setembro incorporarase o alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria e de formación profesional básica.

 

 6. O alumnado de ensinanzas profesionais artes plástcas e deseño e as deportvas incorporarasenas mesmas datas establecidas para o alumnado de formación profesional. 

 

7. O alumnado das demais ensinanzas de réxime especial incorporarase a partir do 16 de setembro de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certfcación establecidas para cada unha delas

 

 

Fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_incorporacion_gradual.pdf 

xoves, 18 de xuño de 2020



👌Pensando no próximo curso!!


Estamos á espera da publicación de toda a información para o proceso de admisión e matrícula para o próximo curso 2020-2021: oferta educativa, prazos, instrucións,...

Lembra que estamos en:

WEB: 

 

Facebook:



Dpto. Orientación IES Vilamarín
orientacioniesvilamarin@gmail.com
 
 
Saúdos!! 🙋


mércores, 10 de xuño de 2020




😏Pensando no próximo curso??

Estreamos entradas sobre os requisitos de acceso á Formación Profesional.
*Información do portal da Consellería de Educación a data 10/06/20 

A formación profesional básica forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo. Ordénase en ciclos formativos organizados en módulos profesionais  de duración variable.
Os ciclos formativos de formación profesional básica teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos. Na modalidade de FP dual ata 3 cursos.
Estas ensinanzas responden a un perfil profesional que inclúe ao menos unha cualificación profesional completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

Requisitos

Requisitos que debe cumprir o alumnado  de forma simultánea:
  • Ser proposto/a polo equipo docente
  • Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais
  • Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo
  • Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcional­mente, ter cursado o segundo curso
A proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.
De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:
  • Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
  • Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos


 Podes consultar toda a información en: http://www.edu.xunta.gal/fp/fpbasica

O proceso de admisión / matrícula para Formación Profesional Básica adoita ser nos primeiros días de setembro. Estamos á espera do calendario de admisión para o próximo curso.

O Departamento de Orientación do teu Centro facilitará a documentación para o acceso a este tipo de ensino. De todos modos, para calquera dúbida sobre este tipo de ensino ou para información sobre a nosa oferta educativa podes escribir a:

📧 orientacioniesvilamarin@gmail.com

 Saúdos!! 🙋