Amosando publicacións coa etiqueta ciclos medios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ciclos medios. Amosar todas as publicacións

venres, 4 de setembro de 2020

 

 📢📣Incorporación gradual do alumnado 

Curso 2020/21

 

Punto único. Incorporación gradual do alumnado  

1. O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantll 1º, 2º e 3º curso de educación primarial e educación especial. 

 

2. O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantil e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.  

 

3. O día 16 de setembro incorporarase o alumnado de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria 1º curso de bacharelato 1º de formación profesional de grao medio e 1º de formación profesional de grao superior. 

 

4. O día 17 de setembro incorporarase o alumnado de 3º de educación secundaria obrigatoria 2ºcurso de bacharelato 2º de formación profesional de grao medio e 2º de formación profesional de grao superior. 

 

5. O día 18 de setembro incorporarase o alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria e de formación profesional básica.

 

 6. O alumnado de ensinanzas profesionais artes plástcas e deseño e as deportvas incorporarasenas mesmas datas establecidas para o alumnado de formación profesional. 

 

7. O alumnado das demais ensinanzas de réxime especial incorporarase a partir do 16 de setembro de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certfcación establecidas para cada unha delas

 

 

Fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_incorporacion_gradual.pdf 

martes, 14 de xullo de 2020



Listaxes, posibles reclamacións... matricula,...❗❗



Atentos ao calendario❗❗

Recorda... para estar ao tanto do proceso de admisión FP...

👇👇👇👇

Admisión - matrícula FP 2020/21

 ☎️988685050
📬ies.vilamarin@edu.xunta.gal
🏨Contamos con residencia🤸🏽‍♀️



martes, 23 de xuño de 2020




 
📋📌📌Calendario do proceso de admisión a ciclos de formación profesional e de FP dual. Curso 2020/2021
 
 
Publicado o calendario do proceso de admisión a ciclos de formación profesional e de FP dual para o curso 2020/2021.
Máis información:
 
 
 

xoves, 18 de xuño de 2020



📌📌Probas de acceso a ciclos:


Lembra: para estar ao tanto das publicacións relacionadas coas probas de acceso, tanto a Ciclo Medio como a Ciclo Superior:

👇👇
Acceso a ciclos de Grao Medio

👇👇
Acceso a ciclos de Grao Superior


Saúdos!! 🙋

venres, 12 de xuño de 2020



12/06/2020 
 
📌📌Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Exames e respostas. Convocatoria 2020

Publicados os exames e as respostas da convocatoria 2020 de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Acceso aos exames e respostas da convocatoria



Un saúdo!! 🙋

 

mércores, 10 de xuño de 2020



😏Pensando no próximo curso??

Requisitos de acceso á Formación Profesional.
*Información do portal da Consellería de Educación a data 10/06/20 



Requisitos


Réxime ordinario

As prazas ofrecidas para cada centro e ciclo distribúense en tres cotas: cota xeral, cota para persoas con discapacidade legalmente recoñecida (10%) e cota para deportistas de alto nivel ou de alto rendemento (5%).
Para cada cota haberá tres grupos segundo o tipo de requisitos de acceso:
Grupo A, persoas que posúen título da ESO ou titulacións equivalentes para efectos de acceso a ciclos.
Grupo B, persoas que teñen título profesional básico ou os módulos obrigatorios dos PCPI do curso 2011-2012 ou seguintes.
Grupo C, persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos ou outras vías de acceso a ciclos de grao medio.

Criterios de selección cando a demanda de prazas supera a oferta
Dentro de cada grupo establécese a relación ordenada de requisitos de acceso de maior a menor prioridade. Dentro de cada apartado, as solicitudes ordenaranse de maior a menor nota de acceso

  Grupo A.
1º. Alumnado con título de graduado en educación secundaria obrigatoria con superación da avaliación final de educación secundaria obrigatoria pola opción de ensinanzas aplicadas (non aplicable para este curso, segundo o disposto no Real Decreto 562/2017, do 2 de xuño).
2º. Alumnado con título de graduado en educación secundaria obrigatoria obtido con anterioridade á implantación da avaliación final da educación secundaria obrigatoria.
3º. Outras titulacións equivalentes para os efectos de acceso neste grupo:
- Alumnado con título de técnico auxiliar.
- Alumnado cun máximo de dúas materias pendentes no conxunto dos dous primeiros cursos de BUP.
- Alumnado con título de bacharelato superior.
- Alumnado que superou, das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos, o terceiro curso do plan de 1963 ou o segundo de comúns experimental.


  Grupo B.
1º. Alumnado con título de formación profesional básica que recolla no seu currículo ter preferencia na admisión ao ciclo formativo de grao medio que se solicita.
2º. Alumnado con título de formación profesional básica que non recolla no seu currículo ter preferencia na admisión ao ciclo formativo de grao medio que se solicita.
3º. Alumnado que superara os módulos obrigatorios dun programa de cualificación profesional inicial.
  Grupo C.
1º. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou con curso de formación específico para o acceso a ciclos formativos de grao medio.
2º. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
3º. Alumnado con proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño
4º. Alumnado con título de técnico.
5º. Alumnado con certificado acreditativo de ter superadas todas as materias do bacharelato regulado na Lei orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.
6º. Alumnado con título de bacharelato.
7º. Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista.
8º. Alumnado con título universitario.
En caso de empate entre varias persoas solicitantes, e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza. De persistir o empate, resolverase por sorteo público segundo a normativa. (Criterios de desempate)
O procedemento de admisión ten establecidas as datas de publicación das listaxes de adxudicacións e os prazos de formalización de matrícula. As matrículas ou renuncias fóra dos prazos establecidos non serán válidas.

Réxime para as persoas adultas

Neste réxime os requisitos de acceso son iguais que no réxime ordinario, coa salvidade de que as persoas que non cumpran os requisitos de acceso poderán matricularse nos módulos de ciclos LOE asociados a unidades de competencia, sempre que acrediten dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo que desexa cursar. Estas persoas só poderán matricularse de existiren prazas vacantes ao final do proceso.

As prazas ofrecidas para cada centro e ciclo distribúense en tres cotas: cota xeral, cota para persoas con discapacidade legalmente recoñecida (10%) e cota para deportistas de alto nivel ou de alto rendemento (5%).

Cando a demanda de prazas supere a oferta, hai establecidos uns criterios de selección, para cada unha das cotas. En cada cota de acceso ordénanse as persoas solicitantes atendendo a unha puntuación que ten en conta os requisitos de acceso, a experiencia laboral, os módulos superados no ciclo e as unidades de competencia do ciclo acreditadas. Neste réxime non existen grupos diferenciados dentro de cada cota de acceso.
En caso de empate entre varias persoas solicitantes, e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado no ciclo formativo en que se demande a praza. De persistir o empate, resolverase por sorteo público segundo a normativa. (Criterios de desempate)



 Podes consultar toda a información en: http://www.edu.xunta.gal/fp/admision-grao-medio


Para información sobre a nosa oferta educativa ou para calquera dúbida sobre este tipo de ensino, podes escribir a:

📧 orientacioniesvilamarin@gmail.com

 Saúdos!! 🙋





luns, 2 de marzo de 2020



Probas de acceso a Ciclos de Grao Medio:


Comezo do período de inscrición de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.
Prazo de inscrición: do 2 ao 13 de marzo de 2020, ambos incluídos.

Informacion: probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Comezo do período de inscrición. Convocatoria 2020



Toda a información sobre probas de acceso en:
http://www.edu.xunta.es/fp/probas