Para realizar a matricula no réxime de
persoas adultas é preciso ter cumpridos os 18 anos no ano natural no que
se inicien os estudos.
As ensinanzas de
formación profesional conducentes á obtención dos títulos de técnico e
de técnico superior están organizadas en ciclos formativos de grao medio e de grao superior, respectivamente
Para realizar estudos nos centros
docentes sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os
requisitos de acceso, participar nun proceso de admisión.
Este proceso establece un sistema de
prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para
cada ciclo formativo (e, de ser o caso, de cada módulo profesional), así
como os prazos de presentación de solicitudes e de formalización da
matrícula.
Cando comece o prazo de admisión, poderás consultar os pasos a seguir para participar no proceso de admisión a ciclos no Portal de Edu Xunta --
http://www.edu.xunta.gal/fp/
Réxime ordinario
Este réxime está organizado en dous cursos en quendas de mañá e tarde, segundo o horario establecido polo centro educativo
A asistencia ás clases é obrigatoria.
O alumnado que estea en condicións de
pasar ao segundo curso ou teña que repetir o curso deberá realizar unha
solicitude de admisión. Terá a praza garantida sempre que o curse no ano
seguinte e por primeira vez no mesmo centro e ciclo.
Réxime para as persoas adultas na modalidade presencial
Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso.
A xornada lectiva desenvólvese polo xeral en quenda de tarde-noite.
A asistencia ás clases é obrigatoria.
Nos módulos de ciclos LOE asociados a
unidades de competencia o alumnado pode matricularse sen cumprir
requisitos de acceso sempre que acredite dous anos de experiencia
laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo.
Para a obtención do título será preciso ter os requisitos de acceso e superar todos os módulos do ciclo formativo.
Cada curso haberá que facer unha nova
solicitude de admisión. Aínda que a praza non está garantida, cada
módulo superado incrementa a puntuación de participación no proceso de
admisión.
Réxime para as persoas adultas na modalidade semipresencial ou a distancia
Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso.
A asistencia ás titorías e outros
eventos formativos presenciais é recomendable, pero non obrigatoria.
Si
é obrigatoria a asistencia as actividades de avaliación de cada
trimestre. Para a realización das actividades a distancia seguiranse as
instrucións do titor/a do curso.
Para a obtención do título será preciso ter os requisitos de acceso e superar todos os módulos do ciclo formativo.
Nos módulos de ciclos LOE asociados a
unidades de competencia o alumnado pode matricularse sen cumprir
requisitos de acceso sempre que acredite dous anos de experiencia
laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo e existan
prazas vacantes ao final do proceso.
Cada curso haberá que facer unha nova
solicitude de admisión. A praza non está garantida, aínda que cada
módulo superado incrementa a puntuación de participación no proceso de
admisión.
Lembre que a normativa sempre prevalece
sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de
carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou
contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (
acceso a normativa de admisión).
Para información sobre a nosa oferta educativa ou para calquera dúbida podes escribir a:
📧 orientacioniesvilamarin@gmail.com
Saúdos!! 🙋