Amosando publicacións coa etiqueta admisión. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta admisión. Amosar todas as publicacións

xoves, 3 de setembro de 2020

 

Cal é o período de admisión na FP básica?

 

 

Cales son os requisitos para acceder á FP Básica?  

Requisitos que debe cumprir o alumnado  de forma simultánea:

  • Ser proposto/a polo equipo docente
  • Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais
  • Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo
  • Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcional­mente, ter cursado o segundo curso

A proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.

De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
  • Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos

Que hai que facer para matricularse?

Presentar unha única solicitude de admisión e matrícula, asinada pola persoa solicitante (se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais) segundo o anexo I.

A solicitude presentarase no centro educativo no que pretenda ser admitido, e no caso de que a docencia do ciclo se organice en dous centros, a solicitude deberá presentarse no centro onde se impartan os módulos asociados a unidades de competencia.

Documentación a presentar:

  • Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas
  • Comunicación de incorporación á formación profesional básica segundo o anexo IV, no caso de alumnado que foi proposto polo equipo docente con 15, 16, ou 17 anos
  • Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola re­serva para persoas con discapacidade

 

Toda a información en:  http://www.edu.xunta.gal/fp/fpbasica

mércores, 22 de xullo de 2020




Lembra!! Para estar ao tanto do proceso de admisión a ciclos FP Galicia. 2020/21...


👇👇👇👇
Ven á FP


 ☎️988685050
📬ies.vilamarin@edu.xunta.gal
🏨Contamos con residencia


Saúdos!! 🙋 







Admisión a ciclos... prazas vacantes!!

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde o día 22 ás 9:00 horas ata o día 27 de xullo ás 13:00 horas.


👉👉👉👉Admisión ciclos prazas vacantes


☎️988685050
📬ies.vilamarin@edu.xunta.gal
🏨Contamos con residencia


Saúdos!! 🙋






FP Dual do Ciclo Medio de Xardinaría e Floraría🌸
AÍNDA ESTÁS A TEMPO!!

O vindeiro curso florece no IES de Vilamarín a FP Dual do Ciclo Medio de Xardinaría e Floraría🌸, un sector en auxe e con grande demanda de emprego
DUALÍZATE!! QUEDAN PRAZAS VACANTES 😉

☎️988685050
📬ies.vilamarin@edu.xunta.gal
🏨Contamos con residencia

 Información sobre o proceso de admisión ciclos FP 2020/21:

👇👇👇👇
Ven á FP


Saúdos!! 🙋

martes, 14 de xullo de 2020



Listaxes, posibles reclamacións... matricula,...❗❗



Atentos ao calendario❗❗

Recorda... para estar ao tanto do proceso de admisión FP...

👇👇👇👇

Admisión - matrícula FP 2020/21

 ☎️988685050
📬ies.vilamarin@edu.xunta.gal
🏨Contamos con residencia🤸🏽‍♀️



luns, 29 de xuño de 2020



💻
 Video titorial admisión a ciclos, curso 2020-2021, alumnado de nova incorporación
 

☎️988685050
📬ies.vilamarin@edu.xunta.gal
 🏨Contamos con residencia


👇👇👇👇









📌📌Lembra...
Proceso de admisión a ciclos de formación profesional para o curso 2020/2021.


☎️988685050
📬ies.vilamarin@edu.xunta.gal



📌📌Lembra...

Proceso de admisión a ciclos de FP dual. Curso 2020/2021


Máis información:



☎️988685050
📬ies.vilamarin@edu.xunta.gal