mércores, 10 de xuño de 2020




😏Pensando no próximo curso??

Estreamos entradas sobre os requisitos de acceso á Formación Profesional.
*Información do portal da Consellería de Educación a data 10/06/20 

A formación profesional básica forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo. Ordénase en ciclos formativos organizados en módulos profesionais  de duración variable.
Os ciclos formativos de formación profesional básica teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos. Na modalidade de FP dual ata 3 cursos.
Estas ensinanzas responden a un perfil profesional que inclúe ao menos unha cualificación profesional completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

Requisitos

Requisitos que debe cumprir o alumnado  de forma simultánea:
  • Ser proposto/a polo equipo docente
  • Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais
  • Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo
  • Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcional­mente, ter cursado o segundo curso
A proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.
De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:
  • Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
  • Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos


 Podes consultar toda a información en: http://www.edu.xunta.gal/fp/fpbasica

O proceso de admisión / matrícula para Formación Profesional Básica adoita ser nos primeiros días de setembro. Estamos á espera do calendario de admisión para o próximo curso.

O Departamento de Orientación do teu Centro facilitará a documentación para o acceso a este tipo de ensino. De todos modos, para calquera dúbida sobre este tipo de ensino ou para información sobre a nosa oferta educativa podes escribir a:

📧 orientacioniesvilamarin@gmail.com

 Saúdos!! 🙋