Amosando publicacións coa etiqueta certame b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta certame b>. Amosar todas as publicacións
martes, 18 de febreiro de 2020
III CERTAME DE MICRORRELATOS ORGANIZADO POR PUNTOGAL E A REAL ACADEMIA GALEGA
Fonte: https://academia.gal/
A ASOCIACIÓN PUNTOGAL e A REAL ACADEMIA GALEGA organizan conxuntamente un concurso de microrrelatos que ten como obxectivo reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital.
Participación:
a)Poderán concursar todas as persoas que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade.
b)As persoas menores de idade deberán acompañar o microrrelato dunha autorización do pai, nai ou titor/a legal.
O prazo para a presentación de textos estará aberto desde as 00:01 horas do sábado1 de febreiro de 2020 ata as 23:59 horas do sábado 29 de febreiro de 2020
Consulta as bases aquí
Toda a información en: A RAG e PuntoGal presentan o terceiro concurso de microrrelatos
martes, 21 de xaneiro de 2020
Convocado o certame Cooperativismo no ensino 2020
A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de publicar as bases reguladoras do Certame de Cooperativismo no Ensino 2020.
O obxectivo deste programa é difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria, educación especial, formación profesional e ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.
Establécense as seguintes modalidades de participación:
- Actividades artísticas: dirixidas ao alumnado de educación infantil e primaria.
- Actividades cooperativizadas: dirixidas ao alumnado de educación secundaria obrigatoria.
- Proxectos empresariais cooperativos: dirixidas ao alumnado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.
O orzamento total ascende a 28.000 euros.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de abril de 2020.
Toda a información aquí:
Cooperativismo no ensino 2020
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)