mércores, 10 de xuño de 2020


 
09/06/2020 
 
📌📌Nota informativa sobre ampliación de oficinas para solicitar Chave 365

Segundo o establecido na base 3.1 da Orde do 24 de febreiro de 2020 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso a corpos docentes (código de procedemento ED001A), publicada no Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo de 2020, para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https.//sede.xunta.gal/chave365).

Coa finalidade de facilitar a obtención da Chave 365 para as persoas que desexen inscribirse no dito procedemento selectivo, dende o mércores 10 de xuño amplíanse os puntos onde pode obterse a dita chave.

Podes consultar toda a información aquí 👉👉 Nota informativa sobre ampliación de oficinas para solicitar Chave 365


Saúdos!! 🙋