25/02/2020
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de convocar o 6º Campionato Galego de Formación Profesional Galiciaskills 2020,
a olimpíada autonómica de Formación Profesional da que saíran os
representantes galegos nas Spainskills 2021. O obxectivo deste
campionato é darlle unha maior proxección e difusión á FP que se imparte
na nosa Comunidade Autónoma. Galiciaskills 2020 celebrarase en Silleda,
no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca, no mes de novembro de
2020.