martes, 21 de abril de 2020





✋Que pasa coa FCT??

Ola, como vai todo?
Como ves, o tempo vai pasando e as primeiras dúbidas deixan paso a outras...
Xa me preguntaron por este tema... que hai de novo sobre as prácticas?

Comento o publicado a finais de marzo sobre o tema da FCT:


  • De non ser posible completar as horas en empresa debido ás circunstancias actuais de Estado de Alarma, a opción que se baralla é que esas horas queden compensadas a través do proxecto. É dicir, favorecer a integración dos dous módulos (empresa e proxecto) nun único, de xeito que as horas que non se poidan executar en presencial en empresa se compensen coas de proxecto, no caso dos ciclos de grao superior. Para ciclos de grao medio e FP Básica, que non teñen módulo de proxecto, acordouse artellar fórmulas análogas.
A gran pregunta entón? Que hai que facer? 
Non te preocupes; o centro, os titores,... informaremos o mais pronto posible!!

Xa sabes; atendemos no correo: 

📧orientacioniesvilamarin@gmail.com


Saúdos!! 🙋