😏Pensando no vindeiro curso❓❓
Bos días!
Aquí seguimos, pasa o tempo...
Hai unha frase de John Lennon, a vida é aquilo que che vai sucedendo mentres estás ocupado facendo outros plans, que ilustra moi ben a situación que estamos a vivir.
As nosas vidas cambiaron da noite para a mañá e a día de hoxe non está moi claro como serán as clases o próximo ano,... moitas preguntas no aire. A prioridade agora é ser prudentes, responsables nas nosas saídas, solidarios porque agora máis que nunca o que fai un afecta a todos. Pero a vida seguirá: o tempo e as circunstancias dirán como,...
Por eso, se non tes moi claro qué estudar o vindeiro curso, estás interesado na nosa oferta educativa ou queres coñecer mellor o noso centro, estás pensando estudar Formación Profesional por primeira vez,... podes escribir ao noso correo:
👇👇👇👇
📧orientacioniesvilamarin@gmail.com
Lembra que podes estar ao tanto das nosas noticias e de moita información de interese nos nosos perfís de Facebook e Instagram así como na nosa páxina:
- Instagram (@vilamarin_ies)
Saúdos do IES Vilamarín!! 🙋