📢📢Preguntas e respostas en relación co desenvolvemento do terceiro trimestre nas ensinanzas de FP
En aplicación
das medidas de contención no ámbito educativo e da formación previstas
no Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado
de alarma sanitaria ocasionada polo COVID-19, publicouse:
- A Resolución do 23 de abril de 2020, da Dirección Xeral de
Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se
adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de
formación profesional do sistema educativo durante o curso 2019-2020
para:
- Flexibilizar a realización da FCT.
- Establecer o procedemento de avaliación da FCT e Proxecto.
- Organizar a da FP dual
- As Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-2020 e se adiantan aspectos para ter en conta na organización académica do curso 2020-2021.
Con este documento, ponse á
disposición da comunidade educativa un conxunto de preguntas e respostas
coa finalidade a aclarar as dúbidas que puidesen xurdir. Trátase dun
documento aberto, que incorporará novas cuestións, de xurdiren novas
dúbidas que requiran ser aclaradas.
Acceso ao documento de preguntas e respostas
Acceso ao documento de preguntas e respostas
Fonte: http://www.edu.xunta.gal/fp/
Saúdos!! 🙋