luns, 14 de setembro de 2020

 

 

📣📢Xornada de acollemento curso 20/21 no IES Vilamarín

Desculpa as molestias!! 🙏🙏

Lembra, novas datas de incorporación ao curso!!


Os 1º cursos de CM e CS, Adultos o día 23

Os 2º cursos de CM e CS o día 24

Toda a Formación Profesional Básica o día 25


Localiza o teu curso para saber a data, a hora e aula correspondentes!!

 

 👇👇👇👇

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesdevilamarin/ 

 

 

XORNADA DE ACOLLEMENTO ALUMNADO CURSO 2020/2021  

ORGANIZACIÓN DA XORNADA  

1. Se algún/ha alumno/a presenta síntomas compatibles coa Covid-19 o día da xornada de acollemento, NON debe acudir ao centro e debe comunícalo ao teléfono do centro (988685050) ou a través do correo electrónico (ies.vilamarin@edu.xunta.gal)

 

2. O alumnado debe vir provisto obrigatoriamente de máscara e usala correctamente durante toda a xornada.

 

3. Débese entrar no edificio principal de xeito individual, seguindo as indicacións estipuladas do circuito de acceso e desinfectar as mans correctamente antes de entrar.

 

3. Rógase puntualidade nas horas establecidas para cada grupo.

 

4. O alumnado agardará na zona axardinada diante do edificio principal (cor azul) mantendo a distancia de seguridade en todo momento, ata o chamamento por parte do/a titor/a do grupo.

 

5. O alumnado virá provisto con caderno de notas e bolígrafo ou elementos semellantes (NON se pode compartir o material cos/as compañeiros/as).

 

6. O alumnado que non cumpra estas normas será expulsado da xornada de acollemento.

 

 

Saúdos!!

Bo día!!