martes, 4 de febreiro de 2020
martes, 21 de xaneiro de 2020
Convocado o certame Cooperativismo no ensino 2020
A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de publicar as bases reguladoras do Certame de Cooperativismo no Ensino 2020.
O obxectivo deste programa é difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria, educación especial, formación profesional e ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.
Establécense as seguintes modalidades de participación:
- Actividades artísticas: dirixidas ao alumnado de educación infantil e primaria.
- Actividades cooperativizadas: dirixidas ao alumnado de educación secundaria obrigatoria.
- Proxectos empresariais cooperativos: dirixidas ao alumnado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.
O orzamento total ascende a 28.000 euros.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de abril de 2020.
Toda a información aquí:
Cooperativismo no ensino 2020luns, 13 de xaneiro de 2020
venres, 10 de xaneiro de 2020
10/01/2020
Novas de Xuventude.net!!
AXUDAS Á CONTRATACIÓN DE MOZ@S:
http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18080-emprega-xuventude-2020
A DISNEY CO CARNÉ XOVE:
http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18066-nova-promocion-do-carne-xove
RETO EMPRENDEDOR:
http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18085-reto-emprendedor-so-en-casa-ideas-para-previr-a-soidade-das-persoas-maiores
mércores, 8 de xaneiro de 2020
Mar, 07/01/2020
O departamento educativo da Xunta aposta nas súas políticas de FP a transformar os ciclos en ensinanzas que se adapten ao contorno produtivo e ao novo modelo económico baseado no coñecemento como forza impulsora. Deste xeito estase a camiñar cara a un sistema de formación profesional máis áxil, flexible e eficiente, estreitamente vinculado ás demandas formativas da poboación e ao impulso de valores como a creatividade, a innovación e o traballo en equipo, así como á estimulación do espírito emprendedor.
A convocatoria segue as directrices marcadas pola Estratexia Europa 2020, que incorpora como obxectivo o impulso dunha formación profesional que propicie novas experiencias nos campos da innovación, da calidade, da creatividade e do emprendemento.
Mais información en:
A Consellería de Educación convoca os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación na FP
03/01/2020
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia
a convocatoria de axudas de mobilidade complementarias ás achegadas
pola Unión Europea no marco do Programa comunitario "Erasmus+", para o
alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus
Estudos no curso 2019/2020, que conta cun orzamento de 1.517.000 euros.
Deste xeito, todos os estudantes galegos que tiveran dereito ás axudas
europeas poderán ter acceso tamén ás axudas complementarias autonómicas.
A duración das axudas e a súa contía pode ser de 125 euros/mes, 165 euros/mes ou 195 euros/mes, en función dos países de destino. Cómpre lembrar que a convocatoria galega contempla axudas para estancias de ata nove meses, o que complementa as axudas europeas, que se limitan a sete meses de duración.
Tal como queda reflectido na convocatoria, a solicitude da axuda deberá realizarse exclusivamente por medios telemáticos, a través de calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal), incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). O prazo para tramitar as solicitudes estará aberto desde mañá ata o día 3 de febreiro.
No curso 2018/19 beneficiáronse destas bolsas a totalidade dos alumnos solicitantes que participaron no programa Erasmus Estudos, que foron total de 1.154 estudantes.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)