😏Pensando no próximo curso??
Estreamos entradas sobre os requisitos de acceso á Formación Profesional.
*Información do portal da Consellería de Educación a data 10/06/20
Requisitos
As prazas ofrecidas para cada centro e
ciclo distribúense en tres cotas: cota xeral, cota para persoas con
discapacidade legalmente recoñecida (10%) e cota para deportistas de
alto nivel ou de alto rendemento (5%).
Para cada cota haberá tres grupos segundo o tipo de requisitos de acceso:
Grupo A, persoas que posúen título de bacharelato ou equivalente para efectos de acceso a ciclos.
Grupo B, persoas que teñen un título de técnico LOE ou LOXSE.
Grupo C,
persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a
ciclos superiores ou outras vías de acceso a ciclos de grao superior.
A distribución, ao comezo do proceso de admisión, das prazas dispoñibles para cada ciclo e para cada centro é:
Dentro de cada grupo establécese a
relación ordenada de requisitos de acceso de maior a menor prioridade.
Dentro de cada apartado, as solicitudes ordenaranse de maior a menor
nota de acceso
Grupo A.
1º. Alumnado con título de bacharelato
da modalidade preferente, e coas materias vinculadas, que se determina
no currículo do ciclo. A nota media, de maior a menor, das materias
vinculadas empregarase nos casos de empate da nota media do bacharelato.
2º. Alumnado con título de bacharelato
da modalidade preferente, pero sen algunha das materias vinculadas, que
se determina no currículo do ciclo.
3º. Alumnado con título de bacharelato
sen modalidade preferente das determinadas no currículo do ciclo.
Alumnado que superara COU ou PREU.
4º. Alumnado con certificado
acreditativo de ter superado todas as materias do bacharelato (regulado
na Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade
educativa) da modalidade preferente que se determina no currículo do
ciclo (non aplicable para este curso, segundo o disposto no Real Decreto 562/2017, do 2 de xuño).
5º. Alumnado con certificado
acreditativo de ter superado todas as materias do bacharelato (regulado
na Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade
educativa) sen a modalidade preferente que se determina no currículo do
ciclo.
6º. Alumnado con título de bacharelato unificado e polivalente (BUP).
Grupo B.
1º. Alumnado con título de técnico de
formación profesional da mesma familia profesional que o ciclo formativo
de grao superior que se solicita.
2º. Alumnado con título de técnico de
formación profesional de diferente familia profesional que o ciclo
formativo de grao superior que se solicita.
Grupo C.
1º. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
2º. Alumnado con proba de acceso a universidade para maiores de 25 anos.
3º. Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista.
4º. Alumnado con título universitario.
En caso de empate entre varias persoas
solicitantes, e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas
áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase
en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se
demande a praza. De persistir o empate, resolverase por sorteo público
segundo a normativa. (Criterios de desempate)
O procedemento de admisión ten
establecidas as datas de publicación das listaxes de adxudicacións e os
prazos de formalización de matrícula. As matrículas ou renuncias fóra dos prazos establecidos non serán válidas.
Réxime para persoas adultas
Neste réxime os requisitos de admisión
son iguais que no réxime ordinario, coa salvidade de que as persoas que
non cumpran os requisitos de acceso poderán matricularse nos módulos de
ciclos LOE asociados a unidades de competencia, sempre que acrediten
dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do
ciclo formativo que desexou cursar. Estas persoas só poderán
matricularse en de existiren prazas vacantes ao final do proceso.
As prazas ofrecidas para cada centro e
ciclo distribúense en tres cotas: cota xeral, cota para persoas con
discapacidade legalmente recoñecida (10%) e cota para deportistas de
alto nivel ou de alto rendemento (5%).
Cando a demanda de prazas supere a
oferta, hai establecidos uns criterios de selección, para cada unha das
cotas. En cada cota de acceso ordénanse as persoas solicitantes
atendendo a unha puntuación que ten en conta os requisitos de acceso, a
experiencia laboral, os módulos superados no ciclo e as unidades de
competencia do ciclo acreditadas. Neste réxime non existen grupos
diferenciados dentro de cada cota de acceso.
En caso de empate entre varias persoas
solicitantes, e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas
áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase
en virtude do sexo menos representado no ciclo formativo en que se
demande a praza. De persistir o empate, resolverase por sorteo público
segundo a normativa. (Criterios de desempate)
Podes consultar toda a información en: http://www.edu.xunta.gal/fp/admision-grao-superior
Para información sobre a nosa oferta educativa ou para calquera dúbida sobre este tipo de ensino, podes escribir a:
📧 orientacioniesvilamarin@gmail.com
Saúdos!! 🙋