luns, 18 de xaneiro de 2021

 

 

 

Convocatoria do IV Concurso de Cartaces do 8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller

A Xunta de Galicia convoca un concurso para o deseño do cartaz do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.
Poderá participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universitario que imparta ensinanzas de infantil, primaria, secundaria e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia en tres categorías:

  • 1ª Categoría.- Alumnado de infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria.

  • 2ª Categoría.- Alumnado 5º e 6º de educación primaria e 1º, 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO).

  • 3ª Categoría.- Alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e 1º e 2º de bacharelato, de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.

Prazo de presentación: ata o 23 de febreiro de 2021

Co fin de axilizar o envío dos traballos, os centros deberán adiantar por correo electrónico a proposta do mesmo á Secretaría Xeral da Igualdade (cartaz en formato PDF ou JPG e a información identificativa do anexo I (dispoñible no enlace que se achega):

As bases do concurso envíanse en documento adxunto e, do mesmo xeito, pódense consultar na seguinte ligazón:

http://igualdade.xunta.gal/gl/actualidade/xunta-abre-o-prazo-para-que-os-centros-escolares-galegos-participen-no-concurso-para-o

 

martes, 1 de decembro de 2020

 

 

Premios a proxectos de innovación na FP. Convocatoria 2021 

Convócanse premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de xaneiro de 2021.

 

Información aquí: http://www.edu.xunta.gal/fp/premios-proxectos-innovacion-na-fp-convocatoria-2021

 

 

xoves, 17 de setembro de 2020

 

 

Publicación da Orde do 16 de setembro de 2020 pola que se ditan instrucións sobre o comezo do curso académico 2020/21 e pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21

 

Xúntase a Orde do 16 de setembro de 2020 pola que se ditan instrucións sobre o comezo do curso académico 2020/21 e pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Consulta: 👇👇👇👇

Publicación da Orde do 16 de setembro de 2020

 

 

luns, 14 de setembro de 2020

 

 

📣📢Xornada de acollemento curso 20/21 no IES Vilamarín

Desculpa as molestias!! 🙏🙏

Lembra, novas datas de incorporación ao curso!!


Os 1º cursos de CM e CS, Adultos o día 23

Os 2º cursos de CM e CS o día 24

Toda a Formación Profesional Básica o día 25


Localiza o teu curso para saber a data, a hora e aula correspondentes!!

 

 👇👇👇👇

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesdevilamarin/ 

 

 

XORNADA DE ACOLLEMENTO ALUMNADO CURSO 2020/2021  

ORGANIZACIÓN DA XORNADA  

1. Se algún/ha alumno/a presenta síntomas compatibles coa Covid-19 o día da xornada de acollemento, NON debe acudir ao centro e debe comunícalo ao teléfono do centro (988685050) ou a través do correo electrónico (ies.vilamarin@edu.xunta.gal)

 

2. O alumnado debe vir provisto obrigatoriamente de máscara e usala correctamente durante toda a xornada.

 

3. Débese entrar no edificio principal de xeito individual, seguindo as indicacións estipuladas do circuito de acceso e desinfectar as mans correctamente antes de entrar.

 

3. Rógase puntualidade nas horas establecidas para cada grupo.

 

4. O alumnado agardará na zona axardinada diante do edificio principal (cor azul) mantendo a distancia de seguridade en todo momento, ata o chamamento por parte do/a titor/a do grupo.

 

5. O alumnado virá provisto con caderno de notas e bolígrafo ou elementos semellantes (NON se pode compartir o material cos/as compañeiros/as).

 

6. O alumnado que non cumpra estas normas será expulsado da xornada de acollemento.

 

 

Saúdos!!

Bo día!!

 

 

venres, 11 de setembro de 2020

 Última hora!!

A Xunta e os centros de Secundaria consensúan o adiamento do inicio do curso aos días 23, 24 e 25

 

 👇👇👇👇

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31889


Quedamos á espera dunha nova publicación coas datas das xornadas de acollemento.

 

📣📢Xornada de acollemento curso 20/21 no IES Vilamarín

 

Comeza un novo curso!! Este ano a incorporación do alumnado é gradual: algúns cursos o día 16, outros o día 17 e outros o día 18.

 

Os 1º cursos de CM e CS o día 16

Os 2º cursos de CM e CS o día 17

Toda a Formación Profesional Básica o día 18 


Localiza o teu curso para saber a data, a hora e aula correspondentes!!

 

 👇👇👇👇

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesdevilamarin/ 

 

Saúdos!!

Bo día!!

 

 

 

luns, 7 de setembro de 2020